¿Te han incluido indebidamente en ASNEF?

TOTAL RECUPERADO
22.906.822 €

Hucha de reclamaciones de EZ

Condena a Caixabank por usura devuelve 5.448,43€

Juzgado de Vigo condena a Caixabank por usura en los intereses y es obligado a devolver 5.448,43€ a un cliente de Economía Zero.

Entre las partes suscribieron un contrato de tarjeta de crédito con fecha 2002.

En el contrato se impusieron unos intereses TAE del 29,84% notablemente superior a la media en la fecha de contratación, así como varias cláusulas abusivas (cláusulas relativas a la fijación del interés remuneratorio, al modo de amortización de la deuda y composición de los pagos, y a los costes y precio total del contrato por no superar el doble filtro de transparencia).

El demandante presentó demanda extra judicial solicitando la nulidad del contrato por usurario y abusivo.

La entidad por su parte se allana a todas las pretensiones que solicita el cliente de Economía Zero.

Por último el Magistrado del caso estima la demanda declarando nulo el contrato por usurario y condena a Caixabank a la devolución de todo lo pagado por encima del capital inicial prestado cantidad que suma 5.448,43€.

Se condena a Caixabank al pago de las costas del proceso.

Don Daniel González Navarro letrado colaborador con Economía Zero ha conseguido la condena a Caixabank.

!!! RECLAMA CON ECONOMÍA ZERO TUS TARJETAS REVOLVING, CONDENA A CAIXABANK Y RECUPERA TU DINERO !!!

XDO. PRIMEIRA INSTANCIA N. 4 VIGO

SENTENCIA: 00232/2022

ORD PROCEDIMIENTO ORDINARIO 0000787 /2021

Procedimiento origen: / Sobre OTRAS MATERIAS

DEMANDANTE D/ña. XXXX

Procurador/a Sr/a. XXXX

Abogado/a Sr/a. DANIEL GONZÁLEZ NAVARRO

DEMANDADO D/ña. CAIXABANK PAYMENTS & CONSUMER E.F.C.

Procurador/a Sr/a. XXXX

Abogado/a Sr/a. XXXX

SENTENCIA

Vigo, 4 de outubro de 2022.

Vistos por min, XXXX, Maxistrado do Xulgado de Primeira Instancia número 4 de Vigo, os presentes autos de Xuízo Ordinario que co número 787/2021 séguense a instancia de XXXX, representado polo procurador e dirixido polo letrado DANIEL GONZÁLEZ NAVARRO, contra de CAIXABANK PAYMENTS & CONSUMER EFC, SA, representada polo procurador e dirixida polo letrado XXXX, os cales teñen por obxecto unha pretensión de nulidade contractual.

ANTECEDENTES DE FEITO

PRIMEIRO. O día 6 de xullo de 2021, o procurador XXXX, actuando en nome e representación de XXXX, formulou demanda de xuízo ordinario contra de CAIXABANK PAYMENTS & CONSUMER EFC, SA, na que, con base nos feitos e fundamentos de dereito que tivo por conveniente alegar, remataba pedindo que fose ditada sentencia pola que acollese integramente a demanda e.

“I. Con carácter principal, DECLARE la nulidad por usura de la relación contractual objeto de esta demanda y CONDENE a la demandada a que devuelva a mi mandante la cantidad pagada por este, por todos los conceptos, que haya excedido del total del capital efectivamente prestado o dispuesto, más los intereses que correspondan; así como al pago de las costas del pleito.

II. Con carácter subsidiario al punto I, DECLARE la no incorporación y/o la nulidad de las cláusulas relativas a la fijación del interés remuneratorio, al modo de amortización de la deuda y composición de los pagos, y a los costes y precio total del contrato de autos por no superar el doble filtro de transparencia.

Y, por tratarse de condiciones esenciales del contrato, DECLARE nulo el contrato y CONDENE a la demandada a que devuelva a mi mandante la cantidad pagada por este, por todos los conceptos, que haya excedido del total del capital efectivamente prestado o dispuesto, más los intereses que correspondan; así como al pago de las costas del pleito.

III. Con carácter subsidiario a los puntos I y II, DECLARE la nulidad de las cláusulas relativas a la fijación del interés remuneratorio, al modo de amortización de la deuda y composición de los pagos, y a los costes y precio total del contrato de autos por no superar el doble filtro de transparencia y DECLARE la nulidad por abusividad de la cláusula de comisión por reclamación de impagos.

Y, en consecuencia, CONDENE a la demandada a la restitución de todos los efectos dimanantes de la nulidad de las cláusulas y prácticas abusivas impugnadas, en concreto, a que devuelva a mi mandante todas las cantidades pagadas por este en virtud de las cláusulas impugnadas, durante toda la vida del contrato, hasta el último pago realizado; más los intereses que correspondan; así como al pago de las costas del pleito”.

SEGUNDO. Mediante decreto de 15 de outubro de 2021 foi admitida a trámite a demanda, acordándose nel a súa substanciación polos trámites do xuízo ordinario e o seu traslado á parte demandada, para que contestase á demanda no prazo de 20 días.

TERCEIRO. Unha vez emprazada a demandada, mediante escrito de 21 de xuño de 2022, formulou a mesma allanamento á demanda, manifestando que procedía aboar á parte demandante a cantidade de 5.448,43 euros.

CUARTO. Conferido traslado do escrito de allanamento á parte demandante, veuse pronunciar a mesma mediante escrito de 16 de setembro de 2022, solicitando que lle fosen impostas as custas á parte demandada.

QUINTO. Mediante providencia de 30 de setembro de 2022 deuse conta ao xuíz, a fin de resolver.

FUNDAMENTOS DE DEREITO

PRIMEIRO. Formalizado no ano 2002contrato de tarxeta crédito entre o demandante e máis a entidade demandada, no cal tería sido estipulado un tipo de xuro nominal do 29,84%TAE, pretende a demandante, de xeito principal, que sexa declarada a súa nulidade por usura, toda vez que viría resultar notablemente superior aos tipos medios aplicables aos contratos de tarxeta nas datas da súa formalización.

E viña por tal motivo solicitar que fose reducida a súa obriga a aboar a diferenza entre o capital disposto e as cantidades xa aboadas.

Con devolución das cantidades que no seu caso tivera aboado en exceso sobre o capital disposto. Co seu xuro legal. A parte demandada manifestou allanarse á demanda, indicando que, como consecuencia da declaración de nulidade do contrato, resultaría un saldo favorable ao demandante de 5.448,43 euros.

SEGUNDO. Tendo en conta a vontade de achantarse á demanda, exposta pola demandada, cómpre lembrarmos cómo o art. 21 LAC establece que “cuando el demandado se allane a todas las pretensiones del actor, el tribunal dictará sentencia condenatoria de acuerdo con lo solicitado por éste, pero si el allanamiento se hiciere en fraude de ley o supusiera renuncia contra el interés general o perjuicio de tercero, se dictará auto rechazándolo y seguirá el procedimiento”.

Polo tanto, nos casos de allanamento, a diferenza dos de conformidade cos feitos, nos que o xulgador non queda exento de facer o encadre dos mesmos no seu marco xurídico axeitado, débese limitar o mesmo a ditar unha sentencia condenatoria, asumindo, estritamente, a pretensión deducida polo actor, de tal xeito que a procedencia da condena deriva da vontade do demandado, e non do exame da procedencia ou do fundado da pretensión exercitada.

E toda vez que habería neste caso lugar a falar de allanamento total á demanda, é de apreciar a concorrencia de todos os requisitos precisos para que o mesmo despregue o devandito efecto estimatorio: plena capacidade procesual da parte demandada, así como a capacidade de postulación esixida no art. 25.2.1º LAC; e non se aprecia no caso ningún suposto de posible fraude de lei ou de renuncia contraria ao interese xeral ou en prexuízo de terceiro.

Deste xeito, o procedente, consonte ao art. 21 LAC, é o ditado dunha sentencia acollendo integramente a pretensión deducida de xeito principal na demanda. É dicir, declarando a nulidade, por usurario, do contrato de tarxeta formalizado entre as partes o no ano 2001.

A cal producirá, consonte ao solicitado, os seus propios efectos. É dicir, limitar a obriga do demandante a aboar o capital disposto, con dedución das cantidades que xa tivera aboado por calquera concepto. Resultando acredora á devolución das cantidades que no seu caso tivera aboado en exceso sobre o capital disposto. Co xuro legal dos cartos desde a data da reclamación xudicial.

A parte demandada fixo achega dunha liquidación, á cuxa vista viría resultar un saldo favorable ao demandante de 5.448,43 euros, respecto do que non chegou amosar este reserva de ningún tipo. De tal xeito que non habería motivo para non asumilo. Malia figurar datado o 21 de marzo de 2020, antes, incluso, da formulación da reclamación extraxudicial.

A menos que chegase producirse algún pagamento a “posteriori”. Se ben cabería precisar que, dando conta a demandada de non atoparse pendente de pagamento capital algún, non sería de agardar a realización de pagamento posterior ningún (e, menos aínda, novas disposicións, tendo en conta que xa desde a reclamación extraxudicial viña solicitando o demandante a deixar sen efecto a tarxeta).

TERCEIRO. No tocante ao pronunciamento en materia de custas procesuais, malia non ter sido o allanamento posterior á contestación, non podería obviar a parte demandada que xa mediara previa reclamación extraxudicial solicitando a declaración de nulidade por usura.

Que non foi atendida ata a formulación da demanda. De aí que non poida concluírse, ao abeiro do establecido no art. 395 LAC, que tivera procedido de boa fe. Resultando por tal motivo acredora á condena en custas.

FALLO

ACOLLO TOTALMENTE a demanda interposta por XXXX contra de CAIXABANK PAYMENTS & CONSUMER, EFC, SA, facendo, en consecuencia, os seguintes pronunciamentos.

1º. Declaro a nulidade, por usurario, do contrato de tarxeta de crédito estipulado no ano 2001 entre o demandante e a entidade demandada, de tal xeito que unicamente virá obrigado o demandante, por tal motivo, a devolver o capital disposto, sen xuros de ningún tipo, con dedución das cantidades que xa tivera aboado por calquera concepto.

E por tal motivo resultará acredora á devolución das cantidades que no seu caso tivera aboado en exceso sobre o capital disposto, co xuro legal dos cartos desde a data da reclamación xudicial. Ascendendo neste caso a 5.448,43 euros o saldo favorable ao demandante a data de 21 de marzo de 2020.

2º. Condeno a CAIXABANK PAYMENTS & CONSUMER, EFC, SA a aboar as custas procesuais.

Así o acordo, mando e asino.

MUY IMPORTANTE: Si vas a realizar una consulta debes leer antes toda la información de la página CONSULTAS.

La moderación de comentarios está activada, por lo que tu comentario NO aparecerá hasta que te respondamos.


Deja un comentario

  

  


Puedes usar estas etiquetas HTML

<a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>